O Alcalde de Lugo recibiu a convidados da Fundación BALOGAL e Celta de Vigo

Fundación Breogán. 24 de Septiembre de 2007.-

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos a un grupo de 50 rapaces convidados pola Fundación BALOGAL pertencentes á Fundación Celta de Vigo, ó Centro Deportivo e Cultural Picacho Casco Vello de Vigo e ó Special Olimpics de Monforte.

 

Os nenos foron recibidos no Concello como parte dunha visita que realizaron á cidade convidados pola Fundación BALOGAL para coñecer os puntos de interese de Lugo e asistir ó partido do Leite Río Breogán contra Ciudad de la Laguna.

 

López Orozco, explicoulles as peculiaridades da cidade e faloulles da Muralla. Tamén animou os rapaces a seguir practicando deporte.

 

Finalmente, os rapaces recibiron un pin da muralla como recordo do seu paso polo Concello. López Orozco fixo entrega tamén ós representantes da Fundación dunha réplica da Muralla.

 

Este grupo de nenos veu a Lugo grazas a un convenio de colaboración entre a representantes do padroado da Fundación BALOGAL e a Fundación Celta de Vigo.