Fundación Breogán
Portal Fundación Breogán |
>
  Página principal  
  Leche Río Breogán  
  Abonados  
CB Breogán
Lucho Fernandez, «ilusionado» coa súa chegada ao Breogán
Fundación Breogán. 30 de Julio de 2008.-

O xogador galego foi presentado como novo xogador do CB Breogán na Casa do Concello de Lugo
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Director Xeral do CB Breogán, Alfonso "Chete" Pazo, e o Vicepresidente do CB Breogán, José Manuel Ramiro Fernández, presentaron hoxe na Casa do Concello ao novo xogador do clube lucense Jose Luis "Lucho" Fernández.

 

O Concelleiro deulle a benvida a Lugo en nome de todos os luceneses e desexou que esta fichaxe sexa todo un éxito deportivo para o club e, en definitiva, para a cidade. Grandío lembrou tamén os lazos históricos que unen as cidades de Lugo e Ferrol.

Lucho Fernández dixo estar «moi ilusionado nesta nova etapa. Cando chegou a posibilidade de xogar no Breogán, en Galicia, tan preto da casa, non o pensei, é unha grande oportunidade». O xogador deixou clara a súa intención de aportar todo o posible para que o Breogán loite polo ascenso.

O baloncestista galego formará parte  da plantilla na tempada 2008-2009. Lucho Fernández naceu en Ferrol no ano 1975 e mide 202 cm. Formado nas categorías inferiores da cidade departamental ata a tempada 99-00 na que fichou por Los Barrios. Con posterioridade xogou catro tempadas en Bilbao, incluido un ano na ACB, Calpe, León e a pasada campaña co TAU Victoria.

Traxectoria:


- Santa Marina Ferrol. Cantera.

-1993-94 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.

-1994-95 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.

-1995-96 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.

-1996-97 EBA. C.B. Galicia Ferrol.

-1997-98 EBA. C.B. Galicia Ferrol.

-1998-99 EBA. C.B. Galicia Ferrol.

-99-2000 LEB. C.B. Los Barrios.

-2000-01 LEB. C.B. Los Barrios.

-15/04/2001 LEB 2. UB La Palma. Entra tras acabar a LEB.

-2001-02 LEB 2. Bilbao Basket.

-2002-03 LEB. Bilbao Basket.

-2003-04 LEB. Bilbao Basket.

-2004-05 ACB. Lagun Aro Bilbao Basket.

-2005-06 LEB. Aguas de Calpe.

-2006-07 LEB. León Caja España.

-2007-08 ACB. Tau Cerámica.

-2007-08 Euroleague. Tau Cerámica.

No seu palmarés figuran dous ascensos á Liga ACB, co Bilbao e o León.

 

www.fundacionbreogan.com

Esta página es la única oficial de la Fundación Breogán. Todos los derechos quedan reservados.
Desarrollo web Computer-3 S.L. | Optimizada para Internet Explorer 6 | Resolución recomendada de 1.024 x 768