Fundación Breogán
Portal Fundación Breogán |
>
  Página principal  
  Leche Río Breogán  
  Abonados  
Tribasket Estudiantes Lugo
O TRIBASKET REMATA CON VICTORIA LUCENSE NO 3X3
Fundación Breogán. 30 de Junio de 2008.-

A derradeira xornada da Fase Final do TRIBASKET, celebrada en Madrid, puxo peche á primeira edición desta actividade da Federación Española de Baloncesto e deixounos, de novo, a varios Campións e Subcampións de España procedentes da nosa Comunidade.

Así, en categoría infantil, Adrián Chapela, Federico García e Jordi Carbó do Estudiantes de Lugo proclamáronse Campións no 3x3 masculino e Tatiana Casal, Paula Villarquide e Mara Cortés (Básquet Coruña) fixeron o propio no apartado feminino asi mesmo outro compoñente do Club Estudiantes Lugo, Ignacio Lazare, quedouse as portas de disputar a final do 2x2 con rapaz da Comunidade Balear, xa que o seu compañeiro sufriu unha indisposición que non lle permitiu xogar

A categoría Infantil, deixounos tamén outra boa nova. Neste caso foi na competición 2x2 masculina, na que Javier Pérez e Miguel Gómez (La Salle) fixéronse co Subcampionato.

A Fundación BALOGAL e o Club Estudiantes Lugo queren felicitar de novo, a todos os campións e  participantes e en especial os compoñentes do Club Estudiantes Lugo, polo seu esforzo e intesere amosado nesta nova Competición.

www.fundacionbreogan.com

Esta página es la única oficial de la Fundación Breogán. Todos los derechos quedan reservados.
Desarrollo web Computer-3 S.L. | Optimizada para Internet Explorer 6 | Resolución recomendada de 1.024 x 768