|

|

|
Xa chega o verán e é hora de clausurar as Escolas de Baloncesto e Predeporte que a Fundación BALOGAL ten espalladas por diversos concellos da provincia de Lugo. Para que os alumnos poñan en práctica o aprendido durante o ano da man dos monitores e adestradores de BALOGAL, cada un deles terá un balón para xogar durante os meses de descanso grazas ao patrocinio da Obra Social Caixa Galicia e Monbús. Guntín, Lousada, Meira, Melide, Guntín, Pol e Monterroso son algúns dos concellos que reciben estes días o reparto de balóns. Obxectivo da Fundación BALOGAL é que cada neno teña o seu balón.
|