Fundación Breogán
Portal Fundación Breogán |
>
  Página principal  
  Leche Río Breogán  
  Abonados  
Torneo das Nacións
Galicia, subcampiona do I Trofeo Masculino das Nacións
Fundación Breogán. 8 de Junio de 2008.-

A selección Galega caeu derrotada ante Euskadi por 72 - 80 (18- 17, 23 - 24,16- 20, 15- 19) nun encontro no que os tiros de tres foron decisivos. 

O cinco inicial galego estivo formado por:
Lucho Fernández, Antonio Pantín, Víctor de la Fuente, José Antonio Vázquez e José Ramón Esmorís. ´

Os anotadores galegos foron: Javier Román (13), Jose Antelo (7), Lucho Fernández (18), Devin Wright (2), José Ramón Esmorís (10), José Antonio Vázquez (11), Rubén Fernández (6), Víctor de la Fuente (3), Jesús Castro (2). Pola súa banda, o máximo anotador de Euskadi foi Javier Salgado con 19 puntos.

O galego Lucho Fernández recibiu o título de mellor xogador do Torneo.

Logo de superar a toda unha selección europea na xornada de onte (Portugal), a Selección Galega de Baloncesto desputou esta tarde a final do I Trofeo Masculino das Nacións. Nesta ocasión a sorte non acompañou aos galegos e o coxunto dirixido por Diego Ocampo caeu derrotado a mans do País Vasco.

O primeiro cuarto do encontro amosou a igualdade entre os dous conxuntos e a concentración coa que plantexaron o seu xogo. Galicia permaneceu detrás no marcador ata os minutos finais nos que un triple de José Antonio Vázquez permitiu establecer un 18 - 17, que finiquitaría o primeiro parcial. Nestes primeiros dez minutos destacou a entrada de Javier Román que dinamizou ao equipo.

A tónica da igualdade estendeuse ao segundo cuarto. Ante o acerto ante a canastra dos galegos a resposta vasca era similar, configurando o equilibrio no marcador e deixando pouca marxe as grandes diferenzas. Así, o segudo parcial foi de 
23- 24.

Á volta dos vestiarios a selección vasca incorporouse ao xogo con maior forza que os xogadores galegos, os cales tiveron que agardar ata o minuto 6:20 do terceiro cuarto para poder anotar os seu primeiros puntos, que chegaron a mans de Devin.

Tras este pequeno bache, Galicia recuperou folgos e intensidade e, xa nos derradeiros tres minutos deste cuarto, establecía, de novo, a igualdade no marcador (51- 51) ata chegar a un parcial de 57 - 61.

Xa no derradeiro cuarto, Galicia, a pesares de amosar unha gran capacidade de recuperación, non foi quen de superar a Euskadi que cun triple no último minuto establecía un 72 -78 imposible de remontar. Finalmente, dous puntos máis de Salgado para Euskadi deixaron o encontro no 72 - 80 final.

Cataluña, terceira clasificada
A selección Catalana fíxose co terceiro posto do Torneo ao impoñerse a Portugal cun claro 93 - 63. Os xogadores de Salva Maldonado dominaron o encontro dende o inicio, desfrutando de cómodas ventaxas no marcador que se foron incrementando ata chegar ao 93 - 63 final.

Albert Montcasi, con 19 puntos, foi o máximo anotador catalán e un dos xogadores máis determinantes no triunfo final. Tamén estiveron moi acertados, con 12 puntos cada un: Jordi Grimau, Rafa Martínez e Guillem Rubio.

www.fundacionbreogan.com

Esta página es la única oficial de la Fundación Breogán. Todos los derechos quedan reservados.
Desarrollo web Computer-3 S.L. | Optimizada para Internet Explorer 6 | Resolución recomendada de 1.024 x 768