|
A selección Galega desputará a final do I Trofeo Masculino das Nacións. O combinado dirixido por Diego Ocampo superou a toda unha selección de Portugal nun encontro de semifinais que dominou de principio a fin. Só nos derradeiros minutos o equipo luso, dirixido por Moncho López, púxolle as cousas difíciles aos galegos, que, con gran serenidade, souberon manter a súa ventaxa no marcador.
O cinco inicial galego estivo formado por: Javier Román, José Antelo, José Ramón Esmorís, José Antonio Vázquez e Víctor de la Fuente. Así mesmo, destacou especialmente a actuación de José Luis Castro e Lucho Fernández, liderando a unha selección que presentou os seguintes anotadores: Lucho Fernández (17 pts), Jesús Castro (13), José Antonio Vázquez (9), Rubén Fernández (8), José Antelo (7), José Ramón Esmorís (7) Javier Román (4), Víctor de la Fuente (3) e Darío suárez (2).
Euskadi, segunda finalista A segunda semifinal do Trofeo Masculino das Nacións, a que enfrontou a Catalunya e Euskadi resolveuse a favor dos vascos por un tanteo final de 79 - 81. Así, o sábado, as 19:00h, o pavillón de Fontajau acollerá unha gran final entre Galicia e País Vasco. ESTADÍSTICA OFICIAL
|