FOLLA DE INSCRICIÓN(PDF)
1- INTRODUCCIÓN.
O Estudiantes Lugo e a Fundación BALOGAL, co patrocinio da deputación de Lugo, presentaron o campamento urbán recreativo co que se pretende que os nenos e nenas gocen do seu tempo de lecer realizando actividades deportivas, recreativas e educativas. Sen esquecernos de que en todo campamento o que se busca é fomentar as relacións sociais e persoais.
Tentaremos, polo tanto, de conseguir, non só un desenvolvemento motriz senón tamén persoal a través de aprendizaxes guiados.
2- TEMPORALIZACIÓN.
O campamento terá lugar do 23 de xuño ó 5 de setembro celebrándose once quendas dunha semana en horario de 9:00 a 14:00 horas:
|
QUENDAS |
CALENDARIO |
|
1ª |
Do 23 ó 27 de xuño do 2008 |
|
2ª |
Do 30 xuño ó 4 de xullo do 2008 |
|
3ª |
Do 7 ó 11 de xullo do 2008 |
|
4ª |
Do 14 ó 18 de xullo do 2008 |
|
5ª |
Do 21 ó 25 de xullo do 2008 |
|
6ª |
Do 28 ó 1 de agosto do 2008 |
|
7ª |
Do 4 ó 8 de agosto do 2008 |
|
8ª |
Do 11 ó 15 de agosto de 2008 |
|
9ª |
Do 18 ó 22 de agosto do 2008 |
|
10ª |
Do 25 ó 29 de agosto do 2008 |
|
11ª |
Do 1 ó 5 de setembro do 2008 |
Desenvolvemento diario:
O campamento será de luns a venres co seguinte horario xeral:
9:00 9:30 ---------- Chegada dos rapaces
9:30 11:30---------- Actividades.
11:30 12:00-----------Almorzo.
12:00 14:00---------- Actividades.
14:00 14:30---------- Recollida dos rapaces.
A partir deste horario confeccionaranse os diferentes organigramas para cada un dos grupos establecidos. A distribución das actividades organizarase combinando as mesmas de xeito que non coincidan seguidas actividades de moita carga física.
3- DESTINATARIOS.
O campus está dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos (nados entre o 1994 e o 2004, ámbolos dous incluídos) polo que a distribución será por idades para ter uns grupos homoxéneos e poder programar as actividades segundo ós intereses de cada grupo de idade. Ademais o número de nenos por grupo non será superior a 25 (agás no grupo de 3 a 5 anos que será de 20) para poder garantir un mellor ensino e maior atención.
Os grupos estableceranse do seguinte xeito:
|
DISTRIBUCIÓN GRUPAL |
|
GRUPOS |
IDADE |
N ª PLAZAS |
|
Grupo Infantil ou n º 1 |
3, 4 e 5 anos |
20 |
|
Grupo n º 2 |
6 e 7 anos |
25 |
|
Grupo n º 3 |
8 e 9 anos |
25 |
|
Grupo n º 4 |
10 e 11 anos |
25 |
|
Grupo nº 5 |
12 e 13 anos |
25 |
En total o número de prazas será de 120 e estarán distribuídas en 5 grupos.
4- UBICACIÓN E ZONA DE INFLUENCIA.
A actividade terá lugar en Lugo no Pazo Provincial dos Deportes no que contamos cos seguintes espazos:
|
N º ESPAZO |
SITUACIÓN |
ACTIVIDADE |
|
ESPAZO 1 |
ANEXO I |
BALONCESTO |
|
ESPAZO 2 |
ANEXO II |
XOGOS PREDEPORTIVOS |
|
ESPAZO 3 |
EXTERIOR |
XOGOS ALTERNATIVOS / POPULARES |
|
ESPAZO 4 |
GIMNASIO |
PSICOMOTRICIDADE / HAB. XIMNÁSTICAS |
|
ESPAZO 5 |
PISTA SQUASH 1 |
PARQUE INFANTIL |
|
ESPAZO 6 |
PISTA SQUASH 2 |
TALLERES |
|
ESPAZO 7 |
TORRE 2 |
TALLER DE MANUALIDADES |
|
ESPAZO 8 |
TORRE 1 |
ALMORZO |
Ademais faremos uso das oficinas do Club Estudiantes para as reunións do persoal, gardar material e todo o traballo administrativo; e dos vestiarios e aseos do pavillón principal.
5- OBXECTIVOS.
O proxecto está destinado a conseguir unha serie de obxectivos que son:
- Potenciar a práctica deportiva.
- Fomentar as relacións sociais e persoais
- Ocupar os tempos de lecer.
- Coñecer a cidade.
- Impulsar a práctica do baloncesto.
- Dar a coñecer a nosa entidade.
Ademais destes obxectivos xerais, cada unha das actividades do proxecto ten os seus propios.
6- ACTIVIDADES E CALENDARIO.
GRUPO N º 1 (INFANTIL)
Alumnos de 3, 4 e 5 anos.
Actividades:
· Xogos predeportivos: baloncesto, fútbol, voleibol, tenis,
· Taller de teatro: coros, mini teatro de contos infantís, conta contos, etc.
· Taller de manualidades: talleres de recorte, punteado, debuxo e talleres de creación adaptados a este grupo; sales, globo boneco e outros.
· Xogos populares: escondite inglés, o pano, ti a levas, as 4 esquinas, o rabo, brillé, as cadeiras, a pita cega, etc.
· Xogos alternativos: balóns xigantes, paracaídas, mini zancos.
· Psicomotricidade: xogos de carreiras, actividades motrices (volteos, saltos, lanzamentos,
).
· Actividades en parque infantil: desenvolvemento de propostas en piscina de bolas, labirinto aventura, balancíns, columpios, etc.
· Taller de maxia: trucos de cartas, con moedas, de luces,
Para desenvolver estas actividades ó marxe dos outros grupos debemos reservar un espacio infantil na instalación que pode ser o ximnasio do pavillón. O lugar ideal para habilitalo parque infantil e unha zona de colchonetas é unha das pistas de squash, as actividades deportivas serán nos espacios deportivos habilitados pero en horario diferente ós outros.
GRUPO Nº 2
Alumnos de 6 e 7 anos.
Actividades:
· Xogos predeportivos: fútbol, voleibol, tenis,
· Taller de teatro: coros, mini teatro de contos infantís, conta contos, etc.
· Taller de manualidades: talleres de recorte, punteado, debuxo e talleres de creación adaptados a este grupo; sales, globo boneco e outros.
· Xogos populares: escondite inglés, o pano, ti a levas, as 4 esquinas, o rabo, brillé, as cadeiras, a pita cega, etc.
· Xogos alternativos: balóns xigantes, paracaídas, mini zancos.
· Baloncesto: iniciación.
· Psicomotricidade: xogos de carreiras, actividades motrices (volteos, saltos, lanzamentos,
).
· Actividades en parque infantil: desenvolvemento de propostas en piscina de bolas, labirinto aventura, balancíns, columpios, etc.
· Taller de maxia: trucos de cartas, con moedas, de luces,
GRUPO Nº 3, 4 e 5
Alumnos de 8 a 13 años.
Actividades:
§ Xogos predeportivos: fútbol sala, volleyball, tenis, patinaxe, xadrez, piragüismo.
§ Taller de manualidades: barro, pintura,
§ Taller de teatro: coreografías, representacións, conta contos.
§ Xogos populares: petanca, zancos, carreira de sacos, etc.
§ Xogos alternativos: mazaball, lacrosse, floorball, diábolos, indiacas, paracaídas, jockey,
§ Habilidades ximnásticas: volteos, equilibrios, saltos,
§ Taller de maxia: trucos de cartas, con moedas, de luces,
§ Baloncesto: traballo e perfeccionamento das habilidades adquiridas ata o momento.
Actividades extraordinarias:
Realizaranse outras actividades en función do tempo e do número de alumnos, buscando sempre aproveitar o entorno e as actividades ó aire libre. Nas actividades que implique saír do complexo do Pazo, só asistirán os inscritos con autorización paterna/ materna, quedando os demais no Pazo para cumpri-lo programa básico que aquí se presenta.
Ditas actividades serán diferentes segundo a semana e estes son os bloques:
§ Grandes xogos: gymkhanas, xogos de pistas e rastrexos, etc.
§ Excursións: monte, praia, viaxe polo Miño, etc.
§ Piscina: interior ou exterior.
§ Deportes alternativos: sendeirismo, piragüismo, escalada, etc.
Estas actividades faranse dentro do horario matinal e non suporán un gasto suplementario para os inscritos.
ACTIVIDADES ORDINARIAS E ORGANIZACIÓN POR IDADES
|
GRUPO Nº 1 (3, 4 E 5 ANOS) |
|
HORA |
ACTIVIDADE |
ESPAZO |
|
9:00 - 9:30 |
CHEGADA |
ANEXO II |
|
9:30 - 11:00 |
PSICOMOTRICIDADE |
XIMNASIO |
|
11:00 - 12:00 |
ALMORZO |
TORRE I |
|
12:00 - 13:00 |
TALLER MANUALIDADES |
TORRE II |
|
13:00 - 14:00 |
PARQUE INFANTIL |
PISTA SQUASH 1 |
|
14:00 - 14:30 |
RECOLLIDA |
ANEXO II |
|
GRUPO Nº 2 (6 E 7 ANOS) |
|
HORA |
ACTIVIDADE |
ESPAZO |
|
9:00 - 9:30 |
CHEGADA |
ANEXO II |
|
9:30 - 11:00 |
PARQUE INFANTIL |
PISTA SQUASH 1 |
|
11:00 - 12:00 |
ALMORZO |
TORRE I |
|
12:00 - 13:00 |
PSICOMOTRICIDADE |
XIMNASIO |
|
13:00 - 14:00 |
T MAXIA/TEATRO |
PISTA SQUASH 2 |
|
14:00 - 14:30 |
RECOLLIDA |
ANEXO II |
|
GRUPO Nº 3 (8 E 9 ANOS) |
|
HORA |
ACTIVIDADE |
ESPAZO |
|
9:00 - 9:30 |
CHEGADA |
ANEXO II |
|
9:30 - 11:00 |
XOGOS PREDEPORTIVOS |
ANEXO II |
|
11:00 - 12:00 |
ALMORZO |
TORRE I |
|
12:00 - 13:00 |
BALONCESTO |
ANEXO I |
|
13:00 - 14:00 |
TALLER MANUALIDADES |
TORRE II |
|
14:00 - 14:30 |
RECOLLIDA |
ANEXO II |
|
GRUPO Nº 4 (10 E 11 ANOS) |
|
HORA |
ACTIVIDADE |
ESPAZO |
|
9:00 - 9:30 |
CHEGADA |
ANEXO II |
|
9:30 - 11:00 |
XOGOS POPULARES |
EXTERIOR |
|
11:00 - 12:00 |
ALMORZO |
TORRE I |
|
12:00 - 13:00 |
T MAXIA/TEATRO |
PISTA SQUASH 2 |
|
13:00 - 14:00 |
BALONCESTO |
ANEXO I |
|
14:00 - 14:30 |
RECOLLIDA |
ANEXO II |
|
GRUPO Nº 5 (12 E 13 ANOS) |
|
HORA |
ACTIVIDADE |
ESPAZO |
|
9:00 - 9:30 |
CHEGADA |
ANEXO II |
|
9:30 - 11:00 |
BALONCESTO |
ANEXO I |
|
11:00 - 12:00 |
ALMORZO |
TORRE I |
|
12:00 - 13:00 |
XOGOS POPULARES |
EXTERIOR |
|
13:00 - 14:00 |
XOGOS PREDEPORTIVOS |
ANEXO II |
|
14:00 - 14:30 |
RECOLLIDA |
ANEXO II |
* Estes horarios son un exemplo do que se faría un día tipo.
Metodoloxía.
Basease no protagonismo e a participación activa dos destinatarios do proxecto, rapaces e rapazas tanto do clube coma de fóra del. Fundamentarase no traballo en equipo, a delegación de funcións, a autonomía, a autoorganización e a aceptación de responsabilidades por parte dos rapaces e dos grupos de traballo. As decisión tomaranse por consenso. Utilizaranse técnicas activas de traballo en grupo e insistirase na avaliación do proceso e dos seus resultados.
7- PATROCINIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO
O espírito do campus urbán é dar cobertura a todos eses nenos e nenas que na época estival non teñen aulas pero os seus pais si que teñen responsabilidades laborais. É por iso que no ano 2006, o Club Estudiantes de Lugo tomou o relevo dunha labor que viña facendo de forma directa o propio departamento de deportes da Deputación, e por outro lado cunha actividade paralela á Fundación BALOGAL. Foi do máximo interese para todos refundila actividade nunha soa, utilizando as instalacións deportivas provinciais, o seu material deportivo e a estructura humana dun club especializado e profesionalizado no ámbito da formación.
A actividade pretende ser un servicio social, tanto para cubrir as necesidades familiares como para mellorar e fomentar a formación dos máis pequenos da provincia.
É a nosa intención que a actividade teña a maior demanda e poder dar cobertura as necesidades de tódolos pais.
As tarifas de inscrición teñen prezos populares, seguindo a liña de actuación coa que traballaba a Deputación para tal evento.
Por outro lado, e respectando a necesidade de dar cobertura a tódolos pais independentemente das datas de máis rendibilidade para a actividade, é a nosa intención abarcar todo o calendario estival, e cubrir así as once semanas que comprenden os meses de xuño a setembro.
|