|
|
A Deputación Provincial e o Concello de Lugo recibiron ao plantel do Leite Río Breogán que compartiu o seu éxito deportivo na última edición da Copa Príncipe celebrada en Zaragoza. O Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, foi o encargado de dala benvida ao Pazo de San Marcos ao equipo. Xa no interior do complexo, nun dos seus xardíns, o vicepresidente expresou os parabéns ao club polo éxito na copa e polo traballo que se está a realizar tanto no equipo profesional como no deporte de base. O representante provincial expresou o desexo de ver pronto un bo número de xogadores da provincia na elite do baloncesto como froito dese bo traballo que se está a realizar. Os membros do plantel recibiron un agasallo de mans de Antón Bao que recibiu tamén unha camiseta oficial asinada polos campións da Copa.
No Concello, o alcalde, Xosé López Orozco, e membros da corporación, ademais de representantes de tódolos grupos políticos da institución local, felicitaron ao equipo e expresaron o desexo de voltar a celebrar un éxito deportivo do Breogán, quizás o desexado regreso a ACB. Tamén houbo un recordo da institución e unha camiseta asinada para o alcalde. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Presidente do CB Breogán, Raúl López, agradeceu a ambas institucións o apoio ao deporte da canastra e prometeu traballar a reo para que Lugo goce pronto da ACB.
No exterior do Concello, na Praza Maior da cidade, un amplo grupo de afeccionados déronse cita para fotografarse co equipo e o trofeo da Copa Príncipe.
|